Nokia 6220 classic - Axustes de configuración

background image

Axustes de configuración

Antes de utilizar a mensaxería multimedia, o servizo « premer para falar », o correo
electrónico, a sincronización, a transmisión por secuencia e o navegador, cómpre
dispoñer dos axustes de configuración axeitados no dispositivo. O dispositivo pode
configurar automaticamente os axustes do navegador, da mensaxería multimedia,
do punto de acceso e da transmisión por secuencia segundo a tarxeta SIM que
utilice. No caso contrario, pode utilizar a aplicación do asistente de axustes para
configurar os axustes. É posible recibir os axustes directamente como unha
mensaxe de configuración, que pode gardar no dispositivo. Para obter máis
información acerca da dispoñibilidade, contacte co seu fornecedor de servizos
ou co seu distribuidor autorizado de Nokia máis próximo.

Cando recibe unha mensaxe de configuración e os axustes non se gardan e activan
automaticamente, amósase na pantalla

1 mensaxe nova

. Para gardar os axustes,

seleccione

Amosar

>

Opcións

>

Gardar

. É posible que teña que inserir o código

PIN obtido do seu fornecedor de servizos.