
Escoitar música ou episodios de podcasts
1. Seleccione >
Rep. música
.
2. Para actualizar a biblioteca de música no dispositivo, seleccione
Opcións
>
Actualizar
.
3. Seleccione
Música
ou
Podcasts
, a categoría, como
Todas as cancións
ou
Podcasts
>
Todos os episodios
e unha canción ou un episodio de podcast
que desexe escoitar.
4. Para reproducir o ficheiro seleccionado, prema a tecla de desprazamento.
Para inserir unha pausa, prema a tecla de desprazamento; para retomar a
reprodución, prema a tecla de desprazamento de novo.
5. Para deter a reprodución, desprácese cara a abaixo.
Para realizar o avance rápido ou rebobinado, manteña premida a tecla de
desprazamento cara á dereita ou á esquerda.
Para saltar á seguinte canción, desprácese á dereita. Para volver ó principio da
canción ou podcast, desprácese á esquerda.
Para saltar á canción ou podcast anterior, desprácese á esquerda antes de que
transcorran 2 segundos dende o inicio da canción ou podcast.
Para axustar o volume, utilice a tecla de volume.
Para volver ó modo en espera e manter o reprodutor en segundo plano, prema a
tecla Fin. Dependendo do tema en espera seleccionado, amósase a canción que se
está a reproducir nese momento. Para volver ó reprodutor de música, seleccione a
canción que se está a reproducir.