
Teclas e comandos para a navegación
Para abrir unha ligazón, realizar seleccións ou marcar caixas de verificación,
prema a tecla de desprazamento.
Para dirixirse á páxina anterior durante a navegación, seleccione
Atrás
. Se
Atrás
non está dispoñible, seleccione
Opcións
>
Opcións de navegación
>
Historial
para
ver unha lista cronolóxica das páxinas visitadas durante a sesión de navegación.
Para escoller a páxina que desexa, desprácese á esquerda ou á dereita e
selecciónea. A lista do historial bórrase cada vez que se pecha unha sesión.
Para gardar un favorito mentres navega, seleccione
Opcións
>
Gardar
como favorito
.
Para recuperar o contido máis actualizado do servidor, seleccione
Opcións
>
Opcións de navegación
>
Recargar
.

63
I n t e r n e t
Para abrir a barra de ferramentas do navegador, desprácese ata unha zona baleira
da páxina e manteña premida a tecla de desprazamento.
Para pechar a conexión e ver a páxina do navegador fóra de liña, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Desconectar
. Para deter a navegación, seleccione
Opcións
>
Saír
.
Accesos directos do teclado para a navegación
1: permite abrir os favoritos.
2: permite buscar palabras clave na páxina actual.
3: permite volver á páxina anterior.
5: permite ver unha lista de tódalas ventás abertas.
8: permite amosar a descrición xeral da páxina actual. Prema 8 de novo para
ampliar a imaxe e visualizar a parte da páxina que desexe.
9: permite inserir un enderezo web novo.
0: permite dirixirse á páxina de inicio.
* ou #: permite ampliar ou reducir a páxina.