Conexión
Seleccione >
Axustes
>
Axust. tfno.
>
Conexión
e unha das seguintes opcións:
Bluetooth
: permite activar e desactivar a tecnoloxía Bluetooth e editar os axustes
desta. Consulte « Axustes de conexión Bluetooth », p. 78.
USB
: permite editar os axustes USB. Consulte « Conexión USB », p.80.
Destinos
: permite definir os métodos de conexión utilizados para alcanzar un
destino determinado
Paquetes datos
: permite seleccionar os axustes de conexión de paquetes de datos.
Os axustes do paquete de datos afectan a tódolos puntos de acceso que empregan
unha conexión de paquete de datos.
• Para establecer que o dispositivo se rexistre na rede de paquetes de datos
cando se atopa nunha rede que os admita, seleccione
Conexión paquetes
datos
>
Se está dispoñible
. Se selecciona
Se cómpre
, o dispositivo utilizará
unha conexión de paquetes de datos só se inicia unha aplicación ou función
que a necesita.
• Para axustar o nome do punto de acceso para utilizar o dispositivo como
módem co ordenador, seleccione
Punto de acceso
.
• Para activar o uso de HSDPA (servizo de rede) nas redes UMTS, seleccione
Acceso paq. alta velocid.
. Cando o soporte HSDPA está activado, é posible
que a descarga de datos como mensaxes, correos electrónicos e páxinas do
navegador mediante a rede móbil sexa máis rápida.
Chamada datos
: permite axustar o tempo en liña para as conexións das chamadas
de datos. Os axustes da chamada de datos afectan a tódolos puntos de acceso que
utilizan unha chamada de datos GSM.
Compartir vídeo
: permite axustar a configuración do seu perfil SIP de xeito
manual. Consulte « Axustes para a función de compartir vídeo », p. 26.
Presenza
(servizo de rede): permite ver e editar os axustes de presenza. As
aplicacións de conexión, como o servizo « Premer para falar » (PPF), utilizan
os axustes de presenza. Pode recibir os axustes do seu fornecedor de servizos.
Axustes de SIP
: permite ver e editar perfís (SIP) do protocolo de inicio de sesión.
Consulte « Compartir vídeo », p. 25.
Perfil de XDM
: permite crear ou editar un perfil XDM. Os axustes son para as
aplicacións de comunicación, como Presenza e PPF. Estes permiten que o
fornecedor de servizos acceda a certa información do usuario que está gardada
nos servidores de rede pero que está administrada polo usuario, por exemplo, os
72
X e s t i ó n d e d a t o s
grupos PPF. Pode recibir os axustes do seu fornecedor de servizos. Consulte
« Axustes de configuración », p. 12.
Configuracións
: permite ver e eliminar contextos de configuración. Existen
funcións, como a navegación web e a mensaxería multimedia, que poden
necesitar axustes de configuración. Pode recibir os axustes do seu fornecedor
de servizos. Consulte « Axustes de configuración », p. 12.
Control APN
: permite limitar o uso dos puntos de acceso de paquetes de datos.
Este axuste só está dispoñible se a súa tarxeta SIM admite o servizo. Para cambiar
os axustes, cómpre dispoñer do código PIN2.