Nokia 6220 classic - Instalar unha aplicación

background image

Instalar unha aplicación

Para instalar aplicacións Java, requírese un ficheiro .jar. Se non se atopa, é posible
que o teléfono lle solicite a súa descarga.

1. Para instalar unha aplicación ou paquete de software, seleccione

Ficheiros de

inst.

e desprácese ata un ficheiro de instalación. As aplicacións que se atopan

na tarxeta de memoria aparecen indicadas mediante a icona

.

2. Seleccione

Opcións

>

Instalar

.

Tamén pode buscar na memoria do dispositivo ou na tarxeta de memoria,
seleccionar a aplicación e premer a tecla de desprazamento para iniciar a
instalación.

Durante a instalación, o teléfono amosa información acerca do seu progreso.
Se instala unha aplicación sen certificado ou sinatura dixital, o teléfono
amosará unha advertencia. Continúe a instalación só se está seguro da orixe e
contido da aplicación.

É posible que as aplicacións Java traten, por exemplo, de establecer unha
conexión de datos ou de enviar unha mensaxe. Para editar os permisos dunha
aplicación Java instalada e definir o punto de acceso que desexa que utilice a
aplicación, seleccione

Aplic. instal.

, desprácese ata a aplicación e seleccione

Abrir

.

Despois de instalar aplicacións nunha tarxeta de memoria compatible, os ficheiros de
instalación (.sis) permanecen na memoria do dispositivo. É posible que os ficheiros utilicen
grandes cantidades de memoria e lle impidan almacenar outros ficheiros. Para conservar
memoria suficiente, utilice Nokia PC Suite para realizar copias de seguridade dos ficheiros
de instalación nun ordenador compatible e, a continuación, utilice o xestor de ficheiros para
eliminar os ficheiros de instalación dende a memoria do teléfono. Consulte « Xestor de
ficheiros », p. 74. Se o ficheiro .sis é un elemento adxunto dunha mensaxe, elimine a
mensaxe da caixa de entrada de Mensaxería.