Nokia 6220 classic - Licenzas

background image

Licenzas

Xestión dos dereitos dixitais

É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de xestión
de dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos
de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM para acceder a contido
protexido mediante DRM. Con este dispositivo pode acceder a contido protexido mediante
WMDRM, OMA DRM 1.0 e OMA DRM 2.0. Se un determinado software DRM non protexe
o contido, é posible que os propietarios do contido soliciten que se anule a capacidade do
mencionado software de acceder a novos contidos protexidos mediante DRM. Esta

background image

75

X e s t i ó n d e d a t o s

anulación pode tamén impedir a renovación do contido protexido que xa se atope no
dispositivo, mediante DRM. Esta anulación non afectará ó uso de contido protexido con
outros tipos de DRM ou ó uso de contido non protexido mediante DRM.

Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse cunha
clave de activación asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.

Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, utilice a función de copia
de seguridade de Nokia PC Suite para realizar unha copia de seguridade das licenzas e do
contido. É posible que outros métodos de transferencia non transfiran as licenzas que son
necesarias recuperar co contido para que poida continuar utilizando o contido protexido
mediante OMA DRM despois de formatar a memoria do dispositivo. Tamén é posible que
necesite recuperar as licenzas en caso de que se danen os ficheiros do dispositivo.

Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, as licenzas e o contido
perderanse se formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda as licenzas e o
contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda das licenzas ou do contido pode
limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de novo. Para
obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.

É posible que algunhas licenzas estean ligadas a tarxetas SIM específicas, e que só poida
acceder ó contido protexido se a tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.

Para ver as licenzas gardadas no dispositivo, seleccione

>

Axustes

>

Xestor dato.

>

Licenzas

.

Para ver as licenzas válidas que están conectadas con un ou máis ficheiros
multimedia, seleccione

Licenzas válidas

. As licenzas de grupos, que inclúen varias

licenzas, indícanse mediante

. Para ver as licenzas contidas nunha licenza de

grupo, seleccione a licenza de grupo.

Para ver as licenzas non válidas para as que o período de tempo de utilización
caducou, seleccione

Licen. non válid.

. Para adquirir máis tempo de utilización ou

ampliar o período de uso dun ficheiro multimedia, seleccione unha licenza non
válida

Opcións

>

Obter nova licenza

. É posible que non se lle permita actualizar

licenzas se ten desactivado o servizo de recepción de mensaxes.

Para ver as licenzas que non se utilizan, seleccione

Non en uso

. As licenzas que

non se utilizan non dispoñen de ficheiros multimedia conectados a elas.

Para ver información detallada, como por exemplo o estado de validez e a
capacidade para enviar o ficheiro, desprácese ata unha licenza e selecciónea.