Nokia 6220 classic - Actualizar software

background image

Actualizar software

Advertencia: Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o
dispositivo, nin sequera para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar
a instalación e reiniciar o dispositivo. Asegúrese de efectuar unha copia de
seguridade dos datos antes de aceptar a instalación dunha actualización.

A descarga de actualizacións de software pode implicar a transmisión de grandes cantidades
de datos a través da rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información acerca das tarifas de transmisión de datos.

Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o cargador
antes de iniciar a actualización.

1. Seleccione

Opcións

>

Verificar actualizacións

. Se existe unha actualización

dispoñible, acepte a súa descarga.

2. Para instalar a actualización despois de descargala correctamente, seleccione

Agora

. Para iniciar a instalación máis tarde, seleccione

Despois

.

Para iniciar o proceso de instalación máis tarde, seleccione

Opcións

>

Instalar

actualización

.

Se non se definiu ningún perfil de servidor, o dispositivo solicitaralle que cree un,
ou se existen varios, solicitaralle que seleccione un dunha lista de servidores.
Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter os axustes do perfil
do servidor.