■ Conectividade Bluetooth
A tecnoloxía sen fíos Bluetooth permite conexións sen fíos entre dispositivos
electrónicos nunha zona de cobertura de 10 metros.
O dispositivo axústase á especificación Bluetooth 2.0 que admite os seguintes perfís:
Distribución de audio avanzada, Control remoto de audio/vídeo, Edición de imaxes básica,
Identificación do dispositivo, Marcación en rede, Transferencia de ficheiros, Mans libres,
78
C o n e c t i v i d a d e
Auriculares, Object push, Porto de serie, Acceso á SIM, Acceso á axenda telefónica,
Distribución xenérica de audio/vídeo, Acceso xenérico e Intercambio de obxectos xenérico.
Para garantir a interoperabilidade con outros dispositivos con compatibilidade Bluetooth,
utilice os accesorios autorizados por Nokia con este modelo. Póñase en contacto cos
fabricantes dos outros dispositivos para obter información sobre a compatibilidade con
este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e reducen
a duración da batería.
Non acepte conexións Bluetooth de fontes non fiables.
Unha conexión Bluetooth desconéctase automaticamente tras enviar ou
recibir datos.