
Axustes de conexión Bluetooth
Seleccione >
Axustes
>
Conectivid.
>
Bluetooth
.
Bluetooth
: permite activar ou desactivar a conexión Bluetooth
Visibilid. do meu teléfono
>
Amosado a todos
: permite que outros dispositivos con
tecnoloxía sen fíos Bluetooth atopen sempre o seu. Para permitir que outros
dispositivos atopen o seu durante un período de tempo concreto, seleccione
Definir período
. Debido a razóns de seguridade, aconséllase utilizar o axuste
Oculto
sempre que sexa posible.
Nome do meu teléfono
: permite definir un nome para o seu dispositivo
Modo SIM remota
>
Activado
: permite activar outro dispositivo, por exemplo, un
kit de coche, para utilizar a tarxeta SIM do dispositivo mediante a tecnoloxía
Bluetooth (perfil de acceso á SIM)
Se o dispositivo inalámbrico está en modo SIM remoto, só poderá utilizar un accesorio
conectado compatible, coma un kit de automóbil, para efectuar ou recibir chamadas.
O dispositivo inalámbrico non efectuará ningunha chamada, excepto ós números de
emerxencia programados no dispositivo, cando se atope en modo SIM remoto. Para efectuar
chamadas desde o dispositivo, primeiro deberá abandonar o modo SIM remoto. Se se
bloqueou o dispositivo, primeiro insira o código de bloqueo para desbloquealo.