
Envío de datos
1. Abra a aplicación onde se garda o elemento que desexa enviar.
2. Desprácese ata o elemento que desexa enviar e seleccione
Opcións
>
Enviar
>
Por Bluetooth
.
3. O dispositivo inicia a busca de dispositivos dentro do seu alcance. Os
dispositivos vinculados indícanse mediante
. É posible que algúns

79
C o n e c t i v i d a d e
dispositivos só amosen os enderezos únicos. Para atopar o enderezo único
do seu dispositivo, insira o código *#2820# no modo en espera.
Se xa buscou dispositivos antes, amosarase unha lista dos dispositivos
atopados con anterioridade. Para comezar unha busca nova, seleccione
Máis dispositivos
.
4. Seleccione o dispositivo co que desexa conectar.
5. Se o outro dispositivo realiza unha petición de vinculación para poder
transferir os datos, escóitase un son e solicítase inserir un código. Cree o seu
propio código de acceso e compártao co propietario do outro dispositivo. Non
é necesario que o memorice.