
■ Conexión USB
Conecte o cable de datos USB para establecer unha conexión de datos entre
o dispositivo e un ordenador compatible.
Seleccione >
Axustes
>
Conectivid.
>
USB
e unha das seguintes opcións:
Modo de conexión USB
: permite seleccionar o modo de conexión USB
predeterminado ou cambiar o modo activo. Seleccione
PC Suite
para utilizar
o dispositivo con Nokia PC Suite,
Almacenaxe masiva
para acceder ós ficheiros
da tarxeta de memoria inserida como dispositivo de almacenaxe masiva,
Transferencia imaxes
para utilizar o dispositivo cunha impresora compatible
con PictBridge ou
Transferencia multim.
para sincronizar ficheiros multimedia,
como música, cunha versión compatible do Windows Media Player.
Pregunt. ao conectar
: para establecer que o dispositivo pregunte pola finalidade
da conexión cada vez que se conecta un cable de datos compatible, seleccione
Si
.
Para axustar a activación do modo predeterminado automaticamente, seleccione
Non
.
Despois de transferir datos, asegúrese de que é seguro desconectar o cable
de datos USB do ordenador.