
■ Transferencia de datos
Coas transferencias de datos é posible copiar ou sincronizar contactos, entradas
de calendario e pode que outro tipo de datos como, por exemplo, videoclips e
imaxes, dende un dispositivo compatible a través dunha conexión Bluetooth.
Dependendo do outro dispositivo, é posible que a sincronización non se poida
realizar e que os datos só se poidan copiar unha vez.
1. Para transferir ou sincronizar datos, seleccione
>
Axustes
>
Conectivid.
>
Cambio
.
Se non utilizou a opción Cambio antes, amosarase a información acerca da
aplicación. Para iniciar a transferencia de datos, seleccione
Continuar
.
Se utilizou a opción Cambio, seleccione a icona
Iniciar sincron.
,
Iniciar recuper.
ou
Inicia o envío
.
2. Para utilizar a tecnoloxía Bluetooth, cómpre vincular os dispositivos para
transferir os datos.
Dependendo do tipo do outro dispositivo, é posible que unha aplicación se
envíe e se instale no outro dispositivo para activar a transferencia de datos.
Siga as instrucións.
3. Seleccione o contido que desexa transferir ó seu dispositivo.
4. O contido transfírese ó seu dispositivo. O tempo da transferencia depende da
cantidade de datos. É posible deter a transferencia e continuar máis tarde.