Nokia 6220 classic - 19. Información sobre a batería e o cargador

background image

19. Información sobre a batería e o cargador

O dispositivo aliméntase mediante unha batería recargable. A batería que se ten que utilizar
con este dispositivo é BP-5M. O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes
cargadores: os cargadores AC-3, AC-4, AC-5 ou DC-4 e adaptador de carga CA-44. A batería
pode cargarse e descargarse centos de veces, pero finalmente, desgástase. Cando a duración
da batería no modo de espera e durante as conversas telefónicas se reduza considerablemente,
substitúaa. Utilice unicamente baterías autorizadas por Nokia e recárgueas unicamente con
cargadores autorizados por Nokia deseñados para utilizarse con este dispositivo. A utilización
de baterías ou cargadores non autorizados pode provocar un incendio, unha explosión, fugas
e outros perigos.

background image

83

I n f o r m a c i ó n s o b r e a b a t e r í a e o c a r g a d o r

Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non se utiliza dende hai moito tempo, é
posible que sexa necesario conectar o cargador, desconectalo e volvelo conectar para
comezar a cargar a batería. Se a batería está completamente descargada, é posible que teña
que esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o
indicador de carga na pantalla.

Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería.

Desconecte o cargador da toma de corrente e do dispositivo cando non o utilice. Non deixe
unha batería completamente cargada conectada a un cargador, xa que o exceso de carga
pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan, as baterías cargadas perden a súa carga co
paso do tempo.

Intente manter sempre a batería a unha temperatura comprendida entre os 15ºC e os 25ºC.
A exposición da batería a temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil da
mesma. É posible que o dispositivo non funcione temporalmente se a batería está fría ou
quente. O rendemento da batería é especialmente limitado a temperaturas situadas por
debaixo de 0ºC.

Non provoque un curtocircuíto na batería. É posible que se produzan curtocircuítos
accidentais se un obxecto metálico, coma unha moeda, un clip ou un bolígrafo provoca un
contacto directo dos terminais positivo (+) e negativo (-) da batería. (Os terminais teñen
o aspecto de tiras metálicas na batería). Isto pode ocorrer, por exemplo, cando transporta
unha batería de reposto no peto ou no bolso. Os curtocircuítos nos terminais poden danar a
batería ou o obxecto que realiza o contacto.

Non bote as baterías ó lume, xa que poderían explotar. As baterías tamén poden explotar se
están danadas. Respecte as normativas locais no momento de desfacerse das baterías.
Recicle as baterías cando sexa posible. Non as deposite en lugares destinados ós residuos
domésticos.

Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, deforme, perfore nin triture as pilas nin as
baterías. No caso de que se produzan fugas na batería, evite que o líquido entre en contacto
coa pel ou os ollos. No caso de que se produza a mencionada fuga, lave inmediatamente a
pel ou os ollos con auga ou solicite asistencia médica.

Non modifique, reconstrúa nin intente inserir obxectos estraños na batería, nin a expoña ou
somerxa en auga ou outros líquidos.

O uso non axeitado da batería pode provocar un incendio, unha explosión e outros perigos.
Se deixa caer o dispositivo ou a batería, especialmente sobre unha superficie dura, e cree que
a batería puido quedar danada, envíea a un centro de servizo técnico para revisala antes de
continuar utilizándoa.

Utilice a batería unicamente para o uso para o que foi deseñada. Nunca utilice cargadores
nin baterías danadas. Manteña a batería fóra do alcance dos nenos.

background image

84

I n f o r m a c i ó n s o b r e a b a t e r í a e o c a r g a d o r