
Perfil Desconectado
Para activar o perfil Desconectado rapidamente, prema a tecla de acendido
brevemente e seleccione
Fóra de liña
. Para abandonar o perfil Desconectado,
prema a tecla de acendido brevemente e seleccione outro perfil.
Cando o perfil Desconectado está activado, apáganse tódalas conexións coa rede
móbil. Sen embargo, pode utilizar o dispositivo sen unha tarxeta SIM e escoitar a
radio ou música mediante o reprodutor. Lembre apagar o dispositivo cando o uso
de teléfonos sen fíos estea prohibido.

15
O d i s p o s i t i v o
Importante: No perfil Desconectado, non é posible efectuar nin recibir chamadas,
nin utilizar outras funcións que requiran o uso de cobertura de rede móbil. Sen
embargo, poderá efectuar chamadas ó número de emerxencia oficial programado
no dispositivo. Para efectuar chamadas, primeiro cómpre activar a función do
teléfono mediante a modificación dos perfís. Se se bloqueou o dispositivo, insira
o código de bloqueo.