
Realizar unha chamada de marcado por voz
As etiquetas de voz son sensibles ao ruído de fondo. Utilice etiquetas de voz nun contorno
silencioso.
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode resultar difícil en ambientes con ruído
ou durante unha emerxencia, polo tanto, non debería confiar unicamente no
marcado por voz en tódalas circunstancias.
1. No modo en espera, manteña premida a tecla de selección dereita.
Se utiliza un auricular compatible coa tecla de auricular, mantéñaa premida.
2. Cando se amosa na pantalla a mensaxe
Fale agora
, pronuncie con claridade
o comando de voz. O dispositivo reproduce o comando de voz de maior
coincidencia. Unha vez transcorridos 1,5 segundos, o dispositivo marca
o número. Se o resultado non é o correcto, seleccione outra entrada antes
de marcar.

22
F u n c i ó n s d e c h a m a d a