Nokia 6220 classic - Acerca do GPS

background image

Acerca do GPS

O dispositivo dispón dun receptor GPS interno.

O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo goberno dos Estados Unidos,
que é o único responsable da precisión e mantemento do sistema. A precisión dos datos de
ubicación pode verse afectada polos axustes nos satélites GPS efectuados polo goberno dos
Estados Unidos e está suxeita a modificacións procedentes da política de GPS civil do
Ministerio de defensa dos Estados Unidos e do Plan de radionavegación federal (Federal
Radionavigation Plan). A precisión tamén pode verse afectada pola xeometría de baixo nivel
do satélite. A dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS poden verse afectadas pola súa

background image

28

P o s i c i o n a m e n t o

ubicación, os edificios e os obstáculos naturais ademais de polas condicións meteorolóxicas.
Só se debe utilizar o receptor GPS no exterior para permitir a recepción de sinais GPS.

O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha ubicación precisa e vostede non
debe depender só dos datos de ubicación procedentes do receptor GPS nin das redes de radio
móbil para determinar posicións nin para a navegación.