Nokia 6220 classic - Soster o teléfono correctamente

background image

Soster o teléfono correctamente

Cando utilice o receptor, dende unha posición vertical, mova o dispositivo nun
ángulo de aproximadamente 45 graos, cunha vista clara do ceo.

O establecemento dunha conexión GPS pode tardar dende un par de segundos ata
algúns minutos, incluso máis se se atopa nun vehículo. Consulte « Luz do GPS »,
p. 16.

Se utiliza o receptor GPS, é posible que a batería do dispositivo se esgote con
máis rapidez.

Se o dispositivo non pode atopar o sinal do satélite, considere o seguinte:

• Se se atopa nun lugar interior, diríxase ó exterior para recibir un sinal mellor.

• Se se atopa ó aire libre, desprácese ata un espazo máis aberto.

• Asegúrese de que a súa man non tapa a antena GPS do dispositivo.

• Se as condicións climáticas non son boas, a intensidade do sinal pódese

ver afectada.

• Algúns vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos) que poden bloquear os

sinais dos satélites.