Nokia 6220 classic - GPS asistido

background image

GPS asistido

A-GPS (o GPS asistido) utilízase para obter datos de asistencia técnica mediante unha
conexión de paquetes de datos, que axuda a calcular as coordenadas da súa ubicación actual
cando o dispositivo recibe sinais dos satélites.

É posible que o seu operador de rede aplique tarifas adicionais por esta conexión
en función da súa subscrición de rede. Póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos para obter o punto de acceso correcto á Internet e as tarifas relacionadas
co servizo.

O dispositivo está configurado previamente para utilizar o servizo A-GPS de Nokia,
se non se atopan dispoñibles ningúns axustes A-GPS dun fornecedor de servizos
específico. Os datos de asistencia recupéranse dende o servidor do servizo A-GPS
de Nokia só cando é necesario. Para obter información sobre como desactivar
diferentes métodos de posicionamento, consulte « Axustes de posicionamento »,
p. 28.

Para utilizar A-GPS, cómpre dispor dun punto de acceso á Internet definido para
paquetes de datos. Consulte « Axustes de posicionamento », p. 28.