Nokia 6220 classic - Acerca de Mapas

background image

Acerca de Mapas

Con Mapas, pode ver a súa localización actual no mapa, buscar mapas de
diferentes cidades e países, buscar enderezos e diferentes puntos de interese,
trazar rutas dende unha localización a outra, gardar localizacións como
marcadores e envialas a dispositivos compatibles. Ademais, pode adquirir servizos
adicionais, como guías de viaxe, información do tráfico e un servizo de navegación
con orientación por voz. Estes servizos non están dispoñibles en tódolos países
ou rexións.

Pode que a tarxeta de memoria do dispositivo conteña algúns mapas cargados
previamente. Pode descargar máis mapas a través da Internet mediante o
software Nokia Map Loader. Consulte « Descarga de mapas », p. 32.

A aplicación Mapas utiliza o servizo GPS. Consulte « Posicionamento », p. 27.
É posible definir os métodos de posicionamento mediante o dispositivo. Consulte
« Axustes de posicionamento », p. 28. Para obter a información de localización
máis precisa, utilice tanto o GPS interno como un receptor GPS externo
compatible.