Nokia 6220 classic - Buscar mapas

background image

Buscar mapas

Seleccione >

Mapas

ou prema « A miña propia tecla ». Consulte « A miña propia

tecla », p. 17.

Cando utilice Mapas por primeira vez, é posible que necesite seleccionar un punto
de acceso móbil para descargar a información do mapa da súa localización actual.
Para cambiar o punto de acceso predeterminado máis tarde, seleccione

Opcións

>

Ferramentas

>

Axustes

>

Internet

>

Destino da rede

.

Para recibir unha nota cando o dispositivo se rexistra nunha rede situada fóra da
súa rede móbil propia, seleccione

Opcións

>

Ferramentas

>

Axustes

>

Internet

>

Aviso de itinerancia

>

Activado

. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos

de rede para coñecer detalles e os custos da itinerancia.

O indicador de transferencia de datos amosa a conexión á Internet utilizada e a
cantidade de datos transferida dende que se iniciou a aplicación.

background image

31

P o s i c i o n a m e n t o

Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está incompleta ata certo punto. Nunca confíe
só na cartografía descargada para utilizarse neste dispositivo.

Cando executa Mapas, amósase a capital do país no que se atopa ou a localización
gardada na última sesión. Tamén se descarga o mapa da localización , se é
necesario.

Para establecer unha conexión GPS e aumentar co zoom a súa última localización
coñecida, prema 0 ou seleccione

Opcións

>

A miña pos.

.

Un indicador de GPS

situado na parte inferior dereita da pantalla

amosa a dispoñibilidade e potencia do sinal de satélite. Unha barra indica un
satélite. Cando o dispositivo recibe datos suficientes do satélite para establecer
unha conexión GPS, a barra cambia á cor verde. Cómpre que o dispositivo reciba
sinais de polo menos catro satélites para poder calcular as coordenadas da súa
localización. Despois do cálculo inicial, os sinais de tres satélites adoitan ser
suficientes.

Para ampliar ou reducir a imaxe, prema * ou #. Para moverse polo mapa, utilice as
teclas de desprazamento. Descargarase automaticamente un mapa novo só se se
despraza ata unha zona que non estea incluída nos mapas xa descargados.
Consulte « Descarga de mapas », p. 32. Os mapas son gratuítos, pero a descarga
pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do
seu fornecedor de servizos. Para obter máis información acerca das tarifas de
transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos. Os mapas
gárdanse automaticamente na memoria do dispositivo ou nunha tarxeta de
memoria compatible (se está inserida).