Nokia 6220 classic - Descarga de mapas

background image

Descarga de mapas

Cando navega por un mapa na pantalla de Mapas, descárgase automaticamente
un mapa novo se se despraza ata unha área que non se inclúe nos mapas xa
descargados. O contador de datos da pantalla (kb) amosa o volume do tráfico
de rede cando busca mapas, crea rutas ou busca localizacións en liña.

A descarga de mapas pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a través da
rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para
obter información acerca das tarifas de transmisión de datos.

Para evitar as descargas automáticas de mapas, por exemplo, cando se atopa fóra
da súa rede propia, seleccione

Opcións

>

Ferramentas

>

Axustes

>

Internet

>

Conectar ó inicio

>

Non

.

Para definir a memoria que se debe utilizar e canto espazo desexa destinar
a gardar mapas ou ficheiros de orientación por voz, seleccione

Opcións

>

Ferramentas

>

Axustes

>

Mapa

>

Memoria que se utilizará

e

Uso máximo da

memoria

. Se a memoria está chea, os datos máis antigos do mapa elimínanse.

Os datos dos mapas gardados pódense eliminar mediante o software
Nokia Map Loader.