
9. Cámara
O dispositivo dispón de dúas cámaras para capturar imaxes fixas e gravar vídeos.
Existe unha cámara principal de alta resolución que utiliza o modo panorámico na
parte posterior do dispositivo, e unha cámara secundaria dunha resolución inferior
que utiliza o modo de retrato na parte frontal do mesmo.
O dispositivo admite unha resolución de captura de imaxe de 2592x1944 píxeles utilizando
a cámara principal. A resolución de imaxe amosada nesta guía pode ter un aspecto diferente.
As imaxes e videoclips gárdanse nos cartafoles correspondentes da Galería.
É posible enviar imaxes e videoclips en mensaxes multimedia, como ficheiros
adxuntos de correo electrónico ou mediante a conectividade Bluetooth. Tamén
pode cargalos a un álbum en liña compatible. Consulte « Compartir en liña », p. 46.