Barra de ferramentas activa
A barra de ferramentas activa dispón de accesos directos a elementos diferentes
e axustes antes de capturar imaxes ou gravar vídeos. Desprácese ata as iconas
e seleccióneas mediante a tecla de desprazamento.
Se desexa que a barra de ferramentas activa estea visible antes e despois de
capturar unha imaxe ou gravar un vídeo, seleccione
Opcións
>
Mostrar barra de
ferram.
. Para ver a barra de ferramentas activa só durante 5 segundos cando
prema a tecla de desprazamento, seleccione
Opcións
>
Ocultar barra ferram.
.
Na barra de ferramentas activa, seleccione unha das seguintes opcións:
Cambiar a modo vídeo
(
Cambiar a modo imaxe
): permite cambiar entre os
modos de vídeo e de imaxe
Modos escena
: permite seleccionar a escena.
Modo flash
: permite seleccionar o modo de flash (só imaxes). Para activar
a redución de ollos vermellos, seleccione
Ollos verm.
. Evite capturar imaxes
ou achegar o zoom ata moi preto do obxecto. É posible que a redución de ollos
vermellos non se amose ata que a imaxe se garde na Galería.
Manteña unha distancia de seguridade cando utilice o flash. Non utilice o flash para tomar
imaxes de persoas ou animais situados a pouca distancia. Non cubra o flash durante a toma
de imaxes.
50
C á m a r a
Temporizador automático
: permite activar o temporizador automático (só na
cámara principal). Seleccione o retraso do temporizador automático e para active
o temporizador automático, seleccione
Activar
.
Modo de secuencia
: permite activar o modo de secuencia (só imaxes).
Consulte « Capturar imaxes en secuencia », p. 51.
Ir á Galería
: para abrir a Galería
Para personalizar a barra de ferramentas, seleccione
Opcións
>
Personaliz.
barra ferram.
. É posible eliminar, cambiar, engadir e mover elementos da barra
de ferramentas.
As opcións dispoñibles varían segundo o modo de captura e a vista na que
se atope.
Os axustes de configuración volven ós seus valores predeterminados cando pecha
a cámara.
Se selecciona unha nova escena, os axustes de cor e de luz substituiranse polos
da escena seleccionada. Consulte « Escenas », p. 52. Pode cambiar os axustes
de configuración, se é preciso, despois de seleccionar unha escena.