■ Gravación de vídeos
1. Para activar a cámara principal, abra a tapa do obxectivo. Se a cámara está no
modo de imaxe, cambie ó modo de vídeo. Na barra de ferramentas activa,
seleccione
Cambiar a modo vídeo
. A icona
indica que o dispositivo se
atopa no modo de vídeo.
Para activar a cámara secundaria, seleccione
Opcións
>
Usar cámara secundaria
.
2. Prema a tecla da cámara para iniciar a gravación. Coa cámara secundaria,
prema a tecla de desprazamento para gravar. Amosarase o símbolo
e
escoitarase un son que indicará que a gravación comezou.
Para achegarse ou afastarse dos obxectos co zoom na cámara principal, prema
as teclas de volume ou desprácese cara a arriba ou cara a abaixo mediante a
cámara secundaria.
3. Para deter a gravación, seleccione
Deter
. O videoclip gárdase automaticamente
no cartafol Videoclips na Galería. Consulte « Galería », p. 43. A lonxitude
máxima do videoclip depende da memoria dispoñible.
Para inserir unha pausa na gravación en calquera momento, seleccione
Pausa
.
A gravación dun vídeo detense automaticamente se se axusta en pausa e non se
preme ningunha tecla nun período dun minuto. Seleccione
Continuar
para
continuar coa gravación.
Para realizar axustes de cor e luz antes de gravar un vídeo, seleccióneos nos
axustes da barra de ferramentas activa. Consulte « Barra de ferramentas activa »,
na p. 49 e « Escenas », na p. 52.
53
C á m a r a