
Actualizacións de software
É posible que Nokia produza actualizacións de software que ofrezcan funcións novas,
melloradas, ou con un funcionamento mellorado. É posible solicitar estas actualizacións
mediante a aplicación de ordenador Nokia Software Updater. Para actualizar o software
do dispositivo, cómpre dispoñer da aplicación Nokia Software Updater e dun ordenador
compatible co sistema operativo Microsoft Windows 2000, XP ou Vista, acceso á Internet
de banda ancha e un cable de datos compatible para conectar o dispositivo ao ordenador.
Para obter máis información e descargar a aplicación Nokia Software Updater, visite
a páxina web www.nokia.com/softwareupdate ou o sitio web local de Nokia.
Se a súa rede admite a transmisión de actualizacións de software, tamén poderá solicitar
actualizacións mediante o dispositivo. Consulte « Actualizar software », p. 76.

9
I n t r o d u c i ó n
A descarga de actualizacións de software pode implicar a transmisión de grandes cantidades
de datos a través da rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información acerca das tarifas de transmisión de datos.
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o cargador
antes de iniciar a actualización.