Nokia 6220 classic - Información adicional de seguridade

background image

Información adicional de seguridade

Nenos

É posible que o dispositivo e os seus accesorios conteñan pezas pequenas. Mantéñaos fóra
do alcance dos nenos.

Entorno operativo

O dispositivo cumpre coas directrices de exposición a radiofrecuencia cando se emprega
na posición normal de uso no oído ou cando se coloca polo menos a 2,2 centímetros
(7/8 polgadas) do corpo. Se se utiliza unha funda de transporte, unha pinza para o cinto ou
un soporte para utilizar o produto pegado ó corpo, estes non deberán conter ningunha peza
de metal e deberá colocar o dispositivo á distancia indicada anteriormente.

Para transmitir ficheiros de datos ou mensaxes, o dispositivo require unha conexión de
calidade á rede. Nalgúns casos, a transmisión de ficheiros de datos ou mensaxes pode
retrasarse ata que estea dispoñible a conexión. Asegúrese de respectar as instrucións sobre
a distancia de separación indicadas anteriormente ata completar a transmisión.

Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É posible que os materiais metálicos sexan
atraídos polo dispositivo. Non coloque tarxetas de crédito nin outros soportes de
almacenaxe magnéticos preto do dispositivo, xa que é posible que se elimine a información
almacenada neles.

Dispositivos médicos

A utilización de calquera equipo de transmisión por radio, incluídos os teléfonos
inalámbricos, pode producir interferencias no funcionamento de dispositivos médicos
incorrectamente protexidos. Póñase en contacto cun médico ou co fabricante do dispositivo
para determinar se se atopa axeitadamente protexido da enerxía de radiofrecuencia externa

background image

87

I n f o r m a c i ó n a d i c i o n a l d e s e g u r i d a d e

ou se desexa efectuar algunha pregunta. Apague o dispositivo en centros de atención
médica cando así o esixan as normativas de mesmo. É posible que os hospitais ou os centros
de atención médica utilicen equipos que poidan resultar sensibles á enerxía de
radiofrecuencia externa.

Dispositivos médicos implantados

Os fabricantes de dispositivos médicos recomendan manter unha separación mínima de
15,3 centímetros entre o dispositivo inalámbrico e os dispositivos médicos implantados,
coma os marcapasos ou os desfibriladores cardioversores implantados, para evitar posibles
interferencias co dispositivo médico. As persoas que dispoñan dos mencionados dispositivos
deberán:

Manter sempre o dispositivo inalámbrico a unha distancia de 15,3 centímetros do
dispositivo médico cando o dispositivo inalámbrico se atope acendido.

Non transportar o dispositivo inalámbrico no peto da camisa.

Utilizar o dispositivo inalámbrico no oído situado no lado contrario ó dispositivo médico
para minimizar as posibles interferencias.

Apagar o dispositivo inalámbrico inmediatamente se sospeita que se producen
interferencias.

Lea e respecte as instrucións do fabricante do dispositivo médico implantado.

Se dispón dalgunha pregunta acerca da utilización do dispositivo inalámbrico cun
dispositivo médico implantado, póñase en contacto co seu médico.

Audífonos

É posible que algúns dispositivos inalámbricos dixitais creen interferncias nalgúns
audífonos. En tal caso, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.

Vehículos

Os sinais de radiofrecuencia poden afectar ós sistemas electrónicos incorrectamente
instalados ou protexidos dos vehículos, por exemplo, os sistemas de inxección de
combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de velocidade electrónicos e os
sistemas de airbag. Para obter máis información, póñase en contacto co fabricante, ou un
representante deste, do vehículo ou dos equipos instalados no mesmo.

O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun vehículo por parte de persoal
cualificado. Unha instalación ou reparación defectuosa pode resultar perigosa e pode
invalidar a garantía do dispositivo. Comprobe regularmente que todos os dispositivos
inalámbricos do vehículo funcionen e estean montados correctamente. Non almacene nin
transporte líquidos inflamables, gases ou materiais explosivos no mesmo compartimento
que o dispositivo, os seus compoñentes ou dispositivos. Nos vehículos equipados con airbag,
recorde que estes despréganse con gran forza. Non coloque obxectos, incluídos os equipos
inalámbricos instalados ou portátis, sobre o airbag ou na zona onde se desprega o airbag. Se
o equipo inalámbrico do vehículo se instala incorrectamente e o airbag se desprega, é
posible que se produzan lesións graves.

background image

88

I n f o r m a c i ó n a d i c i o n a l d e s e g u r i d a d e

Prohíbese o uso do seu dispositivo a bordo dunha aeronave. Apague o dispositivo antes de
embarcar nun voo. O uso de teledispositivos inalámbricos nunha aeronave pode resultar
perigoso para o funcionamento do avión, interferir coa rede telefónica inalámbrica e pode
ser ilegal.

Zonas potencialmente explosivas

Apague o dispositivo en áreas onde poidan producirse explosións e obedeza tódolos sinais e
instrucións. As zonas con potencial explosivo son aquelas nas que normalmente se
recomenda que apague o motor do vehículo. As chispas nestas áreas poden orixinar
explosións ou incendios e provocar danos persoais ou incluso a morte. Apague o dispositivo
nas gasolineiras, por exemplo, preto dos surtidores de combustible das estacións de servicio.
Respecte as restricións no uso de equipos de radio nos depósitos de combustible, áreas de
almacenaxe e distribución, plantas químicas e onde se realicen explosións. Con frecuencia as
zonas onde se poden producir explosións están claramente indicadas, pero non sempre.
Entre elas inclúense as áreas baixo cuberta dos barcos, instalacións de almacenaxe e
transporte de produtos químicos, e zonas onde o aire conteña elementos químicos ou
partículas coma gran, po ou partículas metálicas. Póñase en contaco cos fabricantes dos
vehículos que utilicen gas de petróleo licuado (como propano ou butano) para determinar se
o dispositivo se pode utilizar con seguridade preto deles.

Chamadas de emerxencia

Importante: Este dispositivo funciona con sinais de radio, redes inalámbricas,
redes terrestres e funcións programadas polo usuario. Se o dispositivo admite
chamadas de voz a través da Internet (chamadas de Internet), active as chamadas
de Internet e o teléfono móbil. O dispositivo intentará efectuar as chamadas de
emerxencia a través das redes móbiles e do fornecedor de chamadas de Internet se
se atopan activadas ámbolos dous. Non se pode garantir que a conexión funcione
en tódalas condicións. Nunca dependa unicamente dun dispositivo móbil para
efectuar comunicacións importantes, coma urxencias médicas.

Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:

1. Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que a intensidade do sinal é a

axeitada. En función do dispositivo, é posible que tamén necesite realizar o seguinte:

Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza unha.

Elimine as restricións das chamadas que estean activadas no dispositivo.

Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un perfil activo.

2. Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar a pantalla e preparar o dispositivo

para chamadas.

3. Insira o número de emerxencia da localidade na que se atope. Os números de emerxencia

poden variar en cada localidade.

4. Prema a tecla Chamar.

background image

89

I n f o r m a c i ó n a d i c i o n a l d e s e g u r i d a d e

Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a información necesaria do xeito
máis preciso posible. É posible que o seu dispositivo inalámbrico sexa o único medio de
comunicación na escena dun accidente. Non finalice a chamada ata que reciba permiso
para facelo.

Información de certificado (SAR)

O dispositivo móbil cumpre coas directrices de exposición a ondas radiofónicas.

O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está deseñado para non superar os
límites de exposición a ondas radiofónicas recomendados polas normas internacionais. Estas
normas foron desenvolvidas pola organización científicas independente ICNIRP e inclúen
marxes de seguridade deseñados para garantir a protección a tódalas persoas,
independentemente da súa idade e estado de saúde.

As normas de exposición de dispositivos móbiles empregan unha unidade de medición
coñecida coma Taxa específica de absorción ou SAR. O límite da SAR indicado nas normas da
ICNIRP é de 2,0 vatios/quilogramo promediado sobre dez gramos de tecido corporal. As
probas de SAR realízanse en posicións de funcionamento estándar, mentres o dispositivo
transmite ó máximo nivel de potencia certificado en tódalas bandas de frecuencia probadas.
O nivel SAR real dun dispositivo en funcionamento pode estar por debaixo do valor máximo
debido a que o dispositivo foi deseñado para usar só a potencia necesaria para acceder á
rede. Esa cantidade cambia dependendo dun número de factores como a súa proximidade a
unha estación base de rede. Segundo os procedementos de probas da ICNIRP, o valor de SAR
máximo do dispositivo cando foi probado para o seu uso xunto ao oído é de 1,08 W/qg.

O uso de accesorios do dispositivo pode provocar a aparición de valores SAR diferentes. Os
valores SAR poden variar en función dos requisitos de información e probas nacionais e da
banda de rede. Para obter máis información sobre SAR, consulte a sección de información do
produto na páxina web www.nokia.com.

background image

90