Nokia 6220 classic - SEGURIDADE

background image

SEGURIDADE

Lea estas instrucións simples. Non respectalas pode resultar perigoso ou ilegal. Lea a guía de
usuario completa para obter máis información.

ACENDA O PRODUTO DE XEITO SEGURO

Non acenda o dispositivo en zonas onde o uso de teléfonos inalámbricos estea
prohibido ou cando poida provocar interferencias ou resulte perigoso.

A SEGURIDADE VIAL É O PRIMEIRO

Respecte a lexislación local. Manteña sempre as mans libres para controlar o
vehículo durante a condución. A súa principal prioridade durante a condución
deberá ser a seguridade vial.

INTERFERENCIAS

Tódolos dispositivos inalámbricos son susceptibles de recibir interferencias, o
que pode afectar ó seu rendemento.

APAGUE O PRODUTO EN ZONAS NAS QUE O SEU USO ESTEA RESTRINXIDO

Respecte as restricións. Apague o dispositivo nos avións, preto de equipos
médicos, combustibles, produtos químicos ou zonas volátis.

ASISTENCIA TÉCNICA CUALIFICADA

O produto só poderá ser instalado ou reparado por persoal cualificado.

ACCESORIOS E BATERÍAS

Utilice únicamente accesorios e baterías autorizados. Non conecte produtos non
compatibles.

RESISTENCIA Á AUGA

O dispositivo non é resistente á auga. Mantéñao seco.

Verbo do dispositivo

O dispositivo sen fíos que se describe nesta guía pódese utilizar en redes GSM de 850, 900,
1800 e 1900 e en redes UMTS de 900 e 2100. Póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos para obter máis información acerca das redes.

Cando utilice as funcións deste dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais, a
intimidade e os dereitos lexítimos das demais persoas, incluídos os dereitos de autor.

É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a copia, modificación
ou transferencia dalgunhas imaxes, música e demais contido.

O dispositivo admite varios métodos de conexión. Do mesmo xeito que os ordenadores,
é posible que o dispositivo estea exposto a virus e demais contido daniño. Teña precaución
coas mensaxes, solicitudes de conexión, buscas e descargas. Unicamente instale e
utilice servizos e software obtidos de fontes fiables que ofrezan seguridade e protección
axeitada contra software daniño, coma aplicacións que pasan o proceso de certificación

background image

7

S E G U R I D A D E

Symbian Signed ou Java Verified™. Considere a posibilidade de instalar programas antivirus
e demais software de seguridade no dispositivo e nos ordenadores conectados.

É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e ligazóns de sitios web de terceiras partes
preinstalados. Tamén é posible acceder a outros sitios web de terceiras partes mediante o
dispositivo. Os sitios web de terceiras partes non teñen ningún tipo de relación con Nokia,
polo que Nokia non asumirá ningunha responsabilidade correspondente a eles. Se decide
acceder ós sitios mencionados, deberá tomar precaucións relacionadas coa seguridade ou
cos contidos.

Advertencia: Para utilizar as funcións deste dispositivo, a excepción do espertador,
é necesario que se atope acendido. Non acenda o dispositivo en lugares nos que
poida provocar interferencias ou poida supoñer un perigo.

As aplicacións de Office admiten as funcións comúns de Microsoft Word, PowerPoint e Excel
(Microsoft Office 2000, XP e 2003). Non é posible visualizar nin modificar tódolos formatos
de ficheiro.

Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos da información importante
almacenada no dispositivo.

É posible que o dispositivo se quente durante un funcionamento continuado coma, por
exemplo, nunha videochamada activa ou nunha conexión de datos de alta velocidade.
Na maioría de casos, trátase de algo normal. Se sospeita que o dispositivo non funciona
correctamente, envíeo ó centro de servizo técnico autorizado máis próximo.

Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea a guía de usuario para obter
instrucións detalladas de seguridade. Non conecte produtos non compatibles.

Servizos de rede

Para utilizar o teléfono, cómpre dispoñer dos servizos dun fornecedor de servizos
inalámbricos. Moitas das funcións do produto requiren dispoñer de funcións especiais de
rede. Estas funcións non se atopan dispoñibles en tódalas redes; é posible que para poder
utilizar os servizos de rede noutras redes sexa necesario establecer acordos específicos co
seu fornecedor de servizos. Este pode facilitarlle instrucións e explicarlle os importes que lle
serán cargados polo servizo. É posible que algunhas redes teñan limitacións que afecten ó
modo en que pode utilizar os servizos de rede. Por exemplo, é posible que algunhas redes non
admitan tódolos caracteres e servizos dependentes dos idiomas.

É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a desactivación ou non activación de
determinadas funcións no dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non aparecerán
no menú do dispositivo. Tamén é posible que o dispositivo dispoña dunha configuración
especial, como cambios nos nomes ou na orde dos menús, ou nas iconas. Póñase en contacto
so seu fornecedor de servizos para obter máis información.

O dispositivo é compatible cos protocolos WAP 2.0 (HTTP e SSL) que se executan nos
protocolos TCP/IP. Algunhas funcións deste dispositivo, coma a navegación web, o correo
electrónico, PPF, e as mensaxes multimedia, requiren soporte da rede para estas tecnoloxías.

background image

8

A s i s t e n c i a t é c n i c a

Extracción da batería

Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería.